8/09/2007

O VELLO PROBLEMA


A fináis dos anos 70 en a empresa Cementos Cosmos SA, abriu unha explotación a ceo aberto de caliza para a sua fábrica de cemento en Oural (Sarria). Anos antes, conseguiron obter os permisos necesarios nun consello de ministros do franquismo, co dictador xa agonizante, e onde se lles deu a capacidade de expropiación forzosa, de forma similar ao acontecido nas Encrobas. Mas aqui, mediante´enganos, subornos, ameazas e intimidacións nen sequera tiveron que levala a cabo, mercándolles as terras a os veciños por prezos inferiores ao de calquera expropiación, enganando á xente dicindo que realmente estaban expropiando. O caso é que se fixeron cos terreos dos particulares e os montes comúns vendeunos a corporación municipal, que marchou con bonitos sobres .

Esta canteira está situada entre vários núcleos, e non cumpliu nunca nen cumple a lexislación. É unha canteira ilegal.

Carece de licenza municipal, non paga impostos ao concello, pero nunca ningunha das diferentes corporacións que governaron e governan este concello se atreveu a plantarlles cara. Hoxe é unha empresa dentro dun grande conglomerado multinacional, con "amistades" entre os altos fucionarios da administración. O governo municipal é responsábel de non exercer as súas competencias, ao permitir actividades económicas, bastante cuantiosas, sen licenza, a lgo que si se lles esixe ao resto dos veciños, o que supón un trato de favor.

Ademáis da desfeita ambiental que supón, nun entorno privilexiado, non aportou nunca o máis mínimo beneficio para Triacastela. Até agora nen sequera empregou a veciños do municipio, agora faino a cambio de novas leiras ou de calar a boquiña. A xente é asi de tola.

Lonxe de crear dinamismo económico é unha expoliación de recursos pura de dura. É un freo para o desenrolo económico do concello, principalmente agrícola que resiste a duras penas a crise na que se atopa inmersa este sector. O concello de Triacastela presenta un envellecimento da poboación e emigración que fixo que dos mais 3.000 habitantes de principios do século foran descendendo aos 962 do ano 1991 e agora xa quedamos menos de 700. A única salida a esta desertización social é o desenvolvimento do turismo e a hosteleria, xunto coas casas de turismo rural nun concello situado en pleno Camiño de Santiago e que posúe un entorno natural moi valioso, actividade totalmente compatíbel coa agricultura.

Evidentemente unha explotación a ceo aberto en pleno centro do concello, cun forte impacto paisaxístico e ambiental non resulta de gran axuda. O sector terciario, neste momento é o máis dinámico, e desde anos atrás os veciños máis emprendedores están rehabilitando casas para turismo rural, albergues, abrindo bares e restaurantes, etc, ao mesmo que xeneran outras actividades indirectas complementarias. En días punta, por Triacastela chegaron a pasar 3600 peregrinos. Existe tamén un turismo de fin de semana asociado ás rutas no Courel, e Pedrafita do Cebreiro.

Nom obstante, os nosos governantes seguen coa política de deixar facer. Esta canteira a parte do que xa supón de por si, corta camiños, aprópiase de augas, xenera todo tipo de molestias, ora ben, ninguén lle dixo nunca nada, entre outras cousas porque, falando claro, o caciquismo sempre se levou ben coa empresa, e negocia con ela favores e novas cacicadas.

Sobre o impacto ambiental, aqui se pode ver do que falamos. Está nunha zona de gran valor natural, con muitísimas especies protexidas, numerosas covas que vai destrozando, e atópase nunha topografía con moita pendiente na que causará danos irreparábeis. A extracción ten lugar mediante explosivos, polo que a fauna evidentemente abandona a cría nas zonas próximas. Emite grandes cantidades de pó á atmósfera, cubrindo a vexetación cercana de partículas de caliza.

Por se fora pouco, tampouco conta cun plano de restauración da canteira unha vez terminada a súa actividade que se poda considerar serio e real. Conta con planos anuáis, que lle esixe a administración, un trámite burocrático carente de calquera valor na práctica. Desde que iniciou a sua actividade só fixo que abrir e abrir máis terreo, e posibelmente cando chegue o momento de pechar, se declare en quebra, se venda a empresa, ou se faga calquera outro tipo de artimaña. De aqui marcharán tal como viñeron, con enganos e artimañas, se desta vez non lle lo impedimos.

Ao tempo que saen novas normativas e cambia a lexislación vixente, cada vez queda máis patente a situación de ilegalidade, polo que a empresa ven realizando movementos xurídicos co fin de regularizar a súa situación ou evadir responsabilidades, como por exemplo cambiar o nome da empresa e denominación dos terreos mineiros, solicitar novas prospeccións, etc. Actualmente xa conta coa Autorización de Actividades por parte da Xunta., e a menos que cámbie a Lei do Solo, por unha disposición adicional que leva incorporada, obterá automáticamente tamén a Licencia Urbanística directamente da Xunta.

3 comentários:

jcar disse...

Está claro que o progreso leva consigo casos de destruccion da natureza como este da canteira do cemento. Non o xustifico. Penso que esto é o que hai que minimizar. Sigo sin entender como en muitas destas canteiras moven cantidades inxentes de terra de un lado para o outro, pero en ningun caso se ve que aproveiten estes movementos para rexenerar uns espazos que foron destrozando. Entendo que non van facer un monte como o que había,(as veces fanos mais grandes e donde lles da a gana), pero seguro que se pode habilitar un espazo semellante o entorno. Os cartos son os cartos e siguen sendo os que mandan,... para a nosa desgracia. ¡Cántas troladas nos van contar os políticos estes tempos...!

Anónimo disse...

putos gilipollas de merda, malnacidos, envidiosos do carallo. si pensades que todos vivimos do turista e que vivides noutro sistema solar diferente o noso. deixade que a xente traballe e gane a vida honradamente e deixade de tocarnos os collons, putos comunistas de postal. miguel angel fernandez.

Anónimo disse...

si claro y a vivir del aire y ducharse con agua fria....