Vista satélite coa canteira do Penedo no centro. Ten un marcador en Tagzania.com, a web que situa as desfeitas ecolóxicas no Google Maps. A superfície aberta neste momento aproximadamente é de 24 hectáreas, das máis de cen que posue Cementos Cosmos. No caso de lle ser autorizada a recalificación da canteira da categoría A á categoría C sería declarada ben de utilidade pública e podería realizar expropiacións forzosas até facerse con un total de 360 hectáreas, incluidos total ou parcialmente os núcleos contíguos.
Podedes ver como vai destruindo literalmente ao norte soutos de gran valor ecolóxico, repletas ademáis de covas, nunha área chea de restos arqueolóxicos. Esta área quedou fóra da Rede Natura.
Os terreos de Cementos Cosmos abranguen totalmente os soutos na zona sur e extendense polo chamado río de Teixido ao sureste. Esta vagoada inmediata á Rede Natura, ainda que tampouco incluida, son fragas repletas de teixos e acivros xunto con prados de regadío tradicionais. Aquí hai tamén, abandonados vários muiños en bateria, que funcionaban mediante pozos debido ao escaso caudal deste regato.
A nas proximidades, á esquerda están dous dos castros que lle dan o nome a este concello.
Vista panorámica desde o Camiño de Santiago ao paso por Biduedo, na Rede Natura 2000.
Vista panorámica tamén desde o Camiño de Santiago nas proximidades de Filloval. Tamén desde unha área incluida na Rede Natura.
Vista das instalacións da canteira.
Sem comentários:
Enviar um comentário