O modelo proxectado é o Gamesa G87. Constan de 3 palas de 42.5 metros, abranguendo un diámetro de xiro de 87m, Están montados en torres de até 100m de alto (o equivalente a un edificio de 33 plantas) e cun peso de 242 toneladas. O fabricante non especifica o nivel de ruido emitido. Tampouco se cita para nada os ultrasonidos que emiten este tipo de aeroxeneradores, nun hábitat especialmente sensíbel.
Montar este tipo de artefactos implica que trailers de gran tolelaxe os transporten ao cimo do monte, sendo necesario crear unha serie de accesos de grande impacto ambiental, xa que as pistas e camiños necesarios deben ter unha pendiente moderada. Isto implica destrozar a ladeira que pertence ao concello de Samos. Aproveitando a coxuntura, corren rumores de que os pizarristas xa están eufóricos porque tamén van sacar tallada. Co "estado de obra" e cunha política de feitos consumados irán aumentando o número e extensión das suas canteiras, que xa haberá tempo a legalizar. Para isto contarán como tradicionalmente ven acontecendo con todo o apoio da administración.
Ainda que a montaxe destes aparellos se faga de forma supervisada e ordenada (pouco provábel), e con todos os cuidados por parte de Ferrovento, non se lle poden pedir peras ao olmo. A ladeira do concello de Samos vai quedar destrozada.
Sem comentários:
Enviar um comentário