8/05/2007

Parque eólico do Iribio: Os beneficios económicos

Os beneficios económicos que supoñen os parques eólicos queda fóra de toda dúbida. Beneficios pra os accionistas da empresa, claro.

Noutros parques eólicos, a empresa ofrece unha irrisoria cantidade anual aos viciños. A Ferrovento aqui tocoulle a loteria. Os viciños afectados nin sequera negociaron unha porcentaxe dos beneficios, ou aportes eléctricos ou calquera outra compensación. Simplemente aceptaron a esmola que lles ofreceron, e tan contentos pra casa, coma nenos. Xa teñen pra gominolas.

Os concelleiros (nin do governo nin da oposición) tampouco puxeron a mais mínima traba e nin sequera se negociou calquera tipo de compensación pra o concello. Tampouco houbo a ningunha discusión sobre a conveniencia ou non de dous parques eólicos nun concello tan pequeno, cruzado polo Camiño de Santiago e onde o turismo rural e a hostelería son un importante sector económico, e no que os veciños con iniciativa están facendo fortes inversións. Foi un trámite que pasou totalmente desapercibido. Política de feitos consumados. Ben vidos a Triacastela, o paraíso do expoliador. Asi nos vai.

Por suposto, calquera consideración medioambiental está fóra de lugar, putos ecoloxistas!

O pensamento dominante é o de eu apaño o que podo, e o que veña detrás que se foda. O legado que se lles deixa aos fillos é unha maleta, e veña, a andar mundo!. ¿Futuro? ¿Que é iso? Ainda non vexo - ou non quero ver - o que pasa hoxe... como pra pensar no que pasará mañá !!!

Sem comentários: