Este parque eólico situado ao pé do Camiño de Santiago, e será visíbel ao longo de mooooooitos quilómetros deste. Llevantarase a case 1500 metros de altitude, sendo visível a 60 km de distancia, (os de Lugo cidade poderán velo un dia claro se se achegan a Nadela), pero tranquilos!!!!, que a consellería na sua Decaración de Impacto Ambiental, propon medidas correctoras. Un documentiño polo menos simpático. Aqui se citan algunhas:
Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo, destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica, entre outras.
Tamén se manifesta a sensibilidade e preocupación pola fauna:
Para levar a cabo os labores de corta e roza de vexetación escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, que se determinarán en función do inventario faunístico incluído no estudo ambiental, implementando en todo caso as medidas necesarias para non alterar a fauna.
Ou sexa, a os paxariños son molestados por un paisano rozando, pero non por aeroxeneradores xigantes batendo as aspas.
Respecto á avifauna e aos morcegos, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determinar a existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores. Para tal fin, levaranse a cabo os plans de seguimento de avifauna e quirópteros propostos no estudo de impacto ambiental.
E así o técnico que realice o seguimento poderá certificar que de alí fuxiron todos os animaliños, a saber por que....

2 comentários:
Definitivamente estamos (des)governados por retrasados mentais.
Mi madriña! Vaia seriedade no informe.
Enviar um comentário