8/06/2007
Canteira do Penedo: Distancias aos núcleos
O Regulamento de Actividades Molestas, Inlalubres, Nocivas e Perigosas, estabelece que a distancia mínima a contar ao núcleo de poboación máis próximo debe de ser de polo menos 2.000 metros para calquera actividade deste tipo.
A canteira do Penedo non cumple estes requisitos actualmente con respecto aos núcleos de Cancelo e O Castiñeiro, e a medida que avance tampoco con respecto O Teixo, Vilar e Vilavella.
Definicións das actividades:
Serán calificadas como molestas as actividades que constitúan unha incomodidad por ruidos ou vibracións que produzan ou polos fumes, gases, olores, néboas, pós en suspensión ou substancias que eliminen.
Sobre as molestias que producen as perforadoras, os camións, a trituradora de grava, as explosións, etc case non fai falta falar.
Insalubre. Calificaranse como insalubres as que den lugar ao desprendimento ou evacuación de productos que podan resultar directa ou indirectamente perxudiciáis para a saúde humana.
Esta canteira produce grandes cantidades de pó en suspensión que acaban nas vias respiratorias dos veciños.
Nociva. Aplicarase a calificación de nocivas ás que, polas mesmas causas, podan ocasionar danos á riqueza agrícola, forestal, pecuaria ou piscícola.
Evidentemente o pó en epocas de poucas chuvias crea verdadeiras costras na vexetación próxima.
Perigosa. Considéranse perigosas as que teñan por obxeto fabricar, manipular, expender ou almacenar productos susceptibles de orixinar riscos graves por explosións, combustibles, radiacións ou outros de análoga importancia para as persoas ou os bens.
Realiza a extración da caliza mediante voaduras. Ten un polvorin. Por veces quedan cargas sen explotar. Desde a súa entrada en funcionamento produce fendas, desprendimento de azulexos e caida de obxectos nas vivendas cercanas. Asi mesmo, coas explosións ás saltan pedras ás inmediacións. Xa vários veciños se queixaron de estar cas vacas e chover croios...
Non obstante, a empresa Cementos Cosmos usa a extrateixa de empregar na canteira a aqueles afectados máis directos, de forma que se pechan as vocas con postos de emprego. Até fai pouco, non se empregaba a xente do concello da canteira, agora os veciños do Castiñeiro, por exemplo, traballan no Penedo. Ainda así os postos que crea son irrisorios, emprega a menos dunha dúcia de persoas do concello.
Isto non é o medio do monte, isto é o territorio galego, con unha organización característica, a parroquia, e unha dispersión da poboación que leva consigo que teñamos máis de 30.000 núcleos. Esta singular forma de asentamento sobre un território totalmente humanizado, "a grande cidade xardín", din os urbanistas, ten unha estructura e unha ordenación propia, que este tipo de actividades, deixando de lado as consideracións medioambientáis, rompen e desestructuran as formas de asentamento tradicional.
Esta canteira, no centro mesmo do concello, rompe os lazos e conexións tradicionais entre os núcleos, de forma física. Elimina camiños. Imposibilita estradas. Os habitantes dun núcleo, para ir ao do lado, teñen que dar rodeos de quilómetros.
O grave é a destrución das aldeas en sí, porque a aldea non é só a vivenda, a casa é a vivenda propiamente dita e as suas terras. Un núcleo que viva da agricultura e vexa reducida a terra productiva, directamente se lle mata a actividade agrícola. Adícate a outra cousa. A que?
O potencial turístico que posue este concello está sendo capado,. ao tempo que as actividades indirectas vinculadas e este. Quen quere turismo rural con vistas a unha canteira e ruido de camións como banda sonora? Rutas de sendeirismo por unha explotación a ceo aberto?
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
señores de triacastela viva, como veciño de triacastela e traballador de cementos cosmos vexome obrigado a responder o seu escrito de gilipolleces sobre este tema. din vostedes que a ubicacion da canteira elimina camiños e imposibilita estradas, para a sua informacion foi aberta unha estrada alternativa que comunica o pobo da vilabella co castiñeiro e os demais pobos da parroquia. este acceso é infinitamente mellor que o que existia anteriormente polo que só unhos cantos tractores e todo-terreos podian transitala. respecto ó comentario de que imposibilita estradas, non teño noticia algunha de ningún proxecto de estrada a construir que fose imposibilitada pola situación desta explotación. Din que o potencial turistico do concello esta capado, que nadie quere ter camions como banda sonora, e que as vistas á canteira son desagradables. Para vostedes, que viven na inopia, que traballarán entre fermosos cantos de paxariños, no medio de frondosos bosques, escribindo panfletos sobre papel reciclado, a canteira será un estorbo. Pero o que non poden esquecer é que hay algo máis alo do turismo rural, do sendeirismo e de toda esa trapallada, e que hay persoas que vivimos de eso, que donde vostedes ven ecoloxia, nós vemos un modo de vida, algo que fai que este concello sea algo máis que un paraiso para o turismo, algo que fai que o progreso e a industria chegue ó rural. muitas gracias. Miguel Angel Fernandez.
Enviar um comentário