Parécenos unha inxusticia mui grande que se instale un parque eólico exactamente no Camiño Real, que transcurre polo cimo do monte Oribio e ten a súa orixe nuha calzada romana, arruinando a paisaxe dunha das etapas máis fermosas do Camiño de Santiago, que está totalmente protexido, o que vai afectar negativamente os intereses socioeconómicos do concello.
Polo tanto opoñémonos rotundamente á súa instalación.María Isabel Fontal Pérez. Presidenta da asociación.
Sem comentários:
Enviar um comentário