6/02/2009

A nova Xunta confirma a ilegalidade

O novo governo da Xunta aprova a desfeita e anuncia un planeamento urbanístico acorde con ela. A Dirección Xeral de Urbanismo no anterior governo bipartito emitiu un INFORME PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE TRIACASTELA onde o bota abaixo o PXOM proposto por deficiéncias na liña de ser pouco protector co entorno sendo esta a principal potencialidade do concello:

(Fragmento do informe)

«O Concello de Triacastela dispón de dúas potencialidades que o PXOM debe atender coa máxima atención: a presenza do Camiño de Santiago e a vinculación co espazo natural Ancares-Courel. Estas dúas cuestións, xunto coa realidade socioeconómica do Concello, deben ser as guías para procurar un plan xeral que instrumente as mellores condicións para o desenvolvemento sostible de Triacastela, de acordo cos principios da Lei 9/2002. O anterior debe traducirse nun plan que aproveite ao máximo as potencialidades, pero mediante propostas que non as comprometa nin as deteriore, senón ao contrario, que as preserve e as potencie. Como se detallará de seguido, varios dos contidos do PXOM que se somete a informe non responden a este criterio:

· Un 34% da superficie do concello atópase integrado no espazo natural Ancares-Courel, declarado zona de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril. Sen embargo, unha grande parte do crecemento que o plan propón para este concello desenvólvese nesta zona, incluíndo os solos urbanizables e as áreas de expansión de diversos núcleos rurais, cando como se detallou anteriormente tales previsións de crecemento non resultan xustificadamente necesarias, e en calquera caso existirían solucións alternativas que non afectasen ao espazo natural.

· No ámbito concreto de Triacastela e o seu contorno, o PXOM semella non considerar os valores paisaxísticos e naturais das terras situadas ao sur do núcleo, vencelladas ao río Ribeira e en menor medida ao río Oribio, co telón de fondo dos montes e o valor das sendas e camiños existentes. De feito, proponse nesta zona (incluida no espazo natural Ancares-Courel como xa se dixo), a delimitación de dous ámbitos de solo urbanizable, artellados por medio dun vial de 16 metros de sección que se aproxima cara ao río.

· O Camiño de Santiago percorre todo o territorio municipal de este a oeste, atravesando varias parroquias do concello, ademais do núcleo principal de Triacastela. Non obstante, o plan xeral non propón ningún tipo de medidas para preservalo e potencialo.»

.. entre outras muitas medidas. O informe completo pode ver-se nesta ligazón . A lexislación urbanística destapa os confictos, ilegalidades e incompatibilidades legais da construcción deste parque eólico nesta zona natural, e ademais os efectos socieconómicos gravemente desfavorábeis para Triacastela a medio e longo prazo. O día 29 de maio saiu esta notícia acerca de como van salvar determinados atrancos legais por entrar a Consellaria de Indústria en conflicto con lexislación a ter en conta por outras consellarias:


Notícia aparecida en Ecoticias.com o dia 29/05/2009:

Nuevos parques eólicos en Lugo


Mediante este acuerdo, los planeamientos urbanísticos de los cinco municipios lucenses afectados quedarán vinculados a las determinaciones contenidas en el proyecto sectorial que se aprueba.

El Consello de la Xunta aprobó este jueves, a petición de la Consellería de Economía e Industria, los proyectos de dos nuevos parques eólicos en la provincia de Lugo, que serán tramitados como proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal Se trata de los parques de Serra de Oribio, en los municipios de Samos y Triacastela, y el de Alto do Seixal (Farrapa I, fase II), que abarca zonas de los municipios de Abadín, Mondoñedo y A Pastoriza.

Mediante este acuerdo, los planeamientos urbanísticos de los cinco municipios lucenses afectados quedarán vinculados a las determinaciones contenidas en el proyecto sectorial que se aprueba.

El parque eólico Serra de Oribio está promovido por Gamesa Fergo Galicia Vento S.L., y cuenta con una potencia máxima de 25 megavatios. El parque abarca 12 aerogeneradores de 2.000 kilovatios de potencia nominal unitaria, que cuentan con un diámetro de rotor de 86,6 metros y una altura de torre de 78 metros. El presupuesto total asciende a 19,47 millones de euros.

El parque de Alto do Seixal está promovido por Gamesa Energía S.A. y cuenta con una potencia máxima de 30 megavatios. Abarca 15 aerogeneradores de idénticas características a los del anterior. La producción neta anual estimada se acerca a los 95.000 megavatios/hora por año.

El presupuesto total de este parque eólico supera los 22 millones de euros, y el parque contará con 15 centros de transformación y líneas de media tensión subterráneas para la evacuación de energía.

1 comentário:

Anónimo disse...

No mundo civilizado saben rentabilizar o seu patrimonio natural. Eu acabo de vir dos Picos de Europa. Os parques naturais non son somente pra mirar para eles, son tamén unha fonte de ingresos para os seus afortunados habitantes.

En Galicia somos sadomasoquistas e tolos perdidos.